Pouco a pouco foi pasando o tempo, e tras dez meses de papelame, debates e suposicións, chegou a hora da acción. E non empezamos con cousa cativa, non, senon ó grande, organizando algo nunca visto en Trazo: ¡Un concerto rock!

E resultou ser unha boa decisión, pois que mellor celebración do comezo da nosa actividade que unha festa. Por suposto, supuxo moito traballo, tanto na preparación coma durante o concerto, pero precisamente dese traballo feito por tódolos membros é do que mais orgullosos podemos sentirnos.

O domingo, xa dende as oito da tarde (e incluso antes) comezou a achegarse xente ata a carpa. Uns por axexar, outros por ver se xa había tortilla e callos, e outros a preguntar polo porquiño que íamos a sortear, de modo que ás dez, cando comezaron as actuacións, xa había unha afluencia de público importante.

Os primeiros en actuar foron Kastomä, que deron fe da profesionalidade de case 10 anos da formación. Foi unha actuación chea de forza que porriba da etiqueta de rock deixou percibir a influencia do punk e sobre todo da entrega e as ganas de facer música.

Kastomä en plena actuación
Kastomä en plena actuación
O proquiño despertou admiración
O porquiño despertou admiración

Chegou despois o turno do evento mais agardado polos mozos de mais idade: O sorteo do porquiño.

O agraciado non vía a hora de telo na casa, e non agardou a que llo levasemos: colleuno no brazado e alá se foi tan contento.

Foi o turno entón de que saltasen ó escenario O Chícharo Sicótico, cunha posta en escena e unha música cun toque mais psicodélico, caracterizado pola simpatía e diversión da que fixeron gala tanto enrriba do escenario como despois entre o público.

O Chícharo Sicótico
O Chícharo Sicótico

A última actuación correu a cargo dos rapaces de Electróxeno, cunha formación de cuarteto ó mais clásico estilo do hard rock e o heavy. Creo que non me trabuco o dicir que, se Kastomä e O Chícharo Sicótico, xunto a outros, son o presente da cultura musical no noso entorno, estes ben poderían ser parte do futuro, pois pese á xuventude tanto do grupo como dos seus integrantes, deixaron moi boas sensacións.

Eectróxeno en escena
Eectróxeno en escena
Ós rapaces do chícharo gustoulles tanto o sitio que quixeron facerse co chabolo do porco e virse a vivir a Trazo
Ós rapaces do chícharo gustoulles tanto o sitio que quixeron facerse co chabolo do porco e virse a vivir a Trazo
A fame apretou a mais de un
A fame apretou a mais de un

Non rematou a festa aquí, pois as ganas de troula da xente levouna a aguantar aínda unhas horas mais de música, diversión e, finalmente, cando a fame voltou na apretar, doutra ración de tortilla ou callos para quenta-lo corpo.

En definitiva, foi unha noite xenial para todos os que participamos dela, pero creo que non me equivoco se en previsión de anos posteriores me atrevo a dicir que…

Isto non foi nada!!!

Na reunión pasada da Aldraba, a primeira dende a súa legalización, xa conseguimos avanzar algunhas cousas,  en concreto:  un primeiro reparto do traballo para informarse dos procedementos e posibilidades de optar a subvencións, ir avanzando a posibilidade de organizar un ciclo de cinema, elaboración de propostas de logotipo, etc… ¡pero queda moito por definir aínda!. Como o feito da legalización non deixa de ser un motivo de celebración,  queremos aproveitar a convocar unha cea a tódolos socios e interesados:

Celebración da fundación de A Aldraba

Araguaney de Castelo

Venres 26 de Xuño

21:30 horas

Contamos que o prezo oscile entre os 10 e os 15€, por unha cea con tortilla, chourizo frito, pementos, viño e gaseosa. Así aproveitaremos a informar e debater sobre os puntos tratados na asemblea pasada, pero sobre todo coñecerémonos mellor e pasarémolo ben.

Non esquezades convidar a a participar ós vosos amigos que poidan estar interesados, e en todo caso, é imprescindible avisar a Francesco antes do Xoves de cantos tedes pensado ir para facer reserva.

¡Vémonos alí! ¡Non faltedes!

Finalmente, a nova que levabamos tanto tempo agardando:

¡A Aldraba xa está legalmente constituída como asociación!

Xa non hai pois excusas para manternos na inactividade, de modo que temos que comezar a movernos o antes posible.

Agora todo vai depender do que queiramos facer: concertos, teatro, cine, cursos … o que queiramos. Para facer arrincar o invento estades todas e todos convocados a unha primeira reunión de A ALDRABA para o Sábado dia 20 deste mes de Xuño.

Resumindo:
O DIA: Sábado 20 de Xuño.
O LUGAR: no Bar Pardo.
A HORA: 17:30 horas
Posibles puntos a tratar, que en todo caso decidiremos alí definitivamente.
– Posible festa de celebración polo nacemento legal de A ALDRABA.
– Propostas de actividades para facer.
– Proposta de logotipo.
– Posibilidade de ratificar a actual directiva ou escoller unha nova, dado que a etapa de transición xa se acabou.
– Establecemento de posible cota para socias e socios.
– Outras propostas ou suxestions.
NOTA: Como faltan os enderezos de moitas persoas que foron vindo nas primeiras reunións, procurade avisar aos amigos e amigas que pensedes que estarían interesados en vir.

Como xa sabedes, o proceso de legalización está en marcha xa fai tempo. Por desgraza, a rapidez no trámite non é unha característica que defina á Administración.

De tódolos xeitos, xa pasamos unha primeira revisión, na que pediron a modificación de algún punto dos Estatutos, e xa voltaron a ser enviados. Confiemos en que, cando teñan a ben contestar, xa esté todo ben e poidamos comezar a nosa labor.

Ante a imposibilidade de moita xente de participar na xuntanza prevista, adiamola para outra data por determinar. Seguiremos en contacto.

O venres 30 de Xaneiro pasado, tivemos unha nova xuntanza da asociación A Aldrava para debatir e modificar a proposta de Estatuto que moitos de vos xa recibírades por correo electrónico.
Foi unha reunión intensa, laboriosa e produtiva, e dela saíron os estatutos que podedes consultar na lapela Estatutos.
Quédanos agora dar remate, e posto que unha das motivacións desta agrupación é fomentar as actividades de lecer entre os seus membros, a próxima reunión será o Venres 13 de Febreiro ás 22:00 no Araguaney da parroquia de Castelo, en Trazo, co cal ademais de traballar poderemos agasallarnos cunha estupenda cea.
Trataremos sobre o proceso de legalización, escolleremos a Xunta Directiva e asinaremos os Estatutos e Acta Fundacional.Tamén, como non, comezaremos a debatir sobre as actividades que como asociación levaremos a cabo.

Para asistir, prégasevos que o confirmedes con Francesco antes do día 10 de Febreiro.

Un saúdo, e agardámosvos a todos!!!

¡Na Aldrava estamos de estrea! Estreamos proxecto, ilusións e blogue, unha ferramenta que esperamos sexa de utilidade á hora de informar e colaborar nas iniciativas da asociación. ¡Esperamos vervos por aquí!

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.